Cuntis aposta polas enerxías renovables cun poste de carga de vehículos eléctricos

Dúass prazas de aparcamento xunto á Praza da Constitución serán destinadas a ubicar un poste de carga de vehículos eléctricos
A medida pretende fomentar o uso desta tecnoloxía entre a poboaciçon. DP
photo_camera A medida pretende fomentar o uso desta tecnoloxía entre a poboación. DP

O Concello de Cuntis, a través do INEGA, vén de recibir unha subvención ao abeiro da resolución do 10 de abril de 2019 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable (Programa MOVES) anualidade 2019 para o proxecto Instalación dun punto de recarga de vehículos eléctricos xunto á Praza da Constitución de Cuntis, por importe de 12.033,45 euros.

O municipio cuntiense non contaba con ningún punto de recarga de vehículos eléctricos, e a corporación municipal moi implicada en impulsar a mobilidade mediante enerxías alternativas considerou necesario a instalación dun punto de recarga para vehículos eléctricos coa finalidade de divulgar esta tecnoloxía entre a poboación.

Esta mellora considera o rexedor Manuel Campos Velay que "axudará a que moitas veciñas e veciños se formulen adquirir un vehículo eléctrico ao posuír un punto de recarga no propio concello e ao mesmo tempo poder adquirir vehículos eléctricos para o parque móbil municipal". 

Así, dúas das prazas de aparcamento existentes xunto a praza da Constitución de Cuntis, un dos lugares máis céntricos e concorridos da vila termal tanto polos veciños como polos turistas que a visitan, destináronse para a instalación de un poste de carga de vehículos eléctricos.

Para iso realizouse unha nova extensión de rede eléctrica e pintáronse as prazas como reservadas para carga deste tipo de vehículos, prazas que eran de aparcamento común.

Comentarios