A Estrada alegará contra a instalación do parque eólico Outeiro Grande

O edil de Medio Ambiente precisou que o prazo de presentación de alegacións comezou o pasado día 7 e aínda permanecerá aberto ata o vindeiro 24 de maio
Molinos situados en el parque eólico de Monte Faro, en Rodeiro. LAVANDEIRA JR. (EFE)
photo_camera Imaxe de aquivo dun parque eólico. ADP

O concelleiro de Medio Ambiente, Juan Constenla, avanzou que o Concello da Estrada encargou a técnicos especializados o estudo do proxecto do parque eólico Outeiro Grande para presentar alegacións contra a súa instalación en terreos que afectan ás parroquias de Pardemarín e Olives e, en menor medida, ao municipio forcaricense.

Os cinco aeroxeradores que se pretenden instalar terían unha altura entre 82 e 105 metros, e Constenla anunciou que nas vindeiras semanas o goberno local convocará unha reunión cos veciños que se consideran afectados para explicarlles as razóns técnicas que esgrimirán para oporse a este parque eólico e tamén para escoitar as súas aportacións, por se poideran incorporarse e reforzar dita alegación. Ao respecto, lembrou que tanto o alcalde como él mantiveran un primeiro encontro coa veciñanza da zona para informar da situación do proxecto.

O edil de Medio Ambiente precisou que o prazo de presentación de alegacións comezou o pasado día 7 e aínda permanecerá aberto ata o vindeiro 24 de maio.