viernes. 30.10.2020 |
El tiempo
viernes. 30.10.2020
El tiempo

O Concello de Lalín acomete labores de limpeza e desbroce da Rolda Leste

Rolda Leste. GOOGLE MAPS
Rolda Leste. GOOGLE MAPS
Estúdase facer unha senda por detrás do quitamedos para que se poda ir camiñando desde Carragoso ata a carballeira do Rodo

O Concello de Lalín está acometendo labores de limpeza e desbroce na Rolda Leste, tras finalizar eses mesmos traballos na Avenida de Madrid. O concelleiro de Obras, José Cuñarro Torres, salienta que "estamos a acometer con medios propios municipais unha actuación na Rolda Leste que vai desde a rotonda de Carragoso ata a rotonda da Carballeira do Rodo, abranguendo as dúas marxes, e que consiste no desbroce e retirada de árbores que estaban obstaculizando o labor das luminarias xa que se entrometían polo medio das farolas».

Cuñarro destaca que "se trata da segunda actuacións de desbroce e limpeza que está a facer o goberno nestes datas, xa que en días pasados se acometeu o desbroce e limpeza da Avenida de Madrid posto que o estado selvático que presentaban estes dous viais urbanos nos últimos anos non era de recibo e distaba moito de ser o axeitado".

O edil de Obras subliña que "este goberno está barallando a posibilidade, con técnicos municipais, de facer unha senda por detrás da barreira quitamedos na Rolda Leste para que a veciñanza poida ir desde Carragoso camiñando ata a carballeira do Rodo e seguir por sendas alternativas e desde alí continuar por outras, evitando así o uso do arcén que pode supor un perigo para os viandantes e para os condutores".

"A comezos do mes de outubro está previsto que estea finalizada a retirada de árbores para posteriormente botar unha capa de zahorra e compactación", sinala José Cuñarro.

O Concello de Lalín acomete labores de limpeza e desbroce da Rolda...
Comentarios