sábado. 25.01.2020 |
El tiempo
sábado. 25.01.2020
El tiempo

O Concello de Silleda dotará dunha área de ximnasio o Centro Cultural Vista Alegre

Centro Cutural Vista Alegre. CEDIDA
Centro Cutural Vista Alegre. CEDIDA
O proxecto conta cun orzamento de máis de 27.000 euros

O Concello de Silleda acometerá nos vindeiros meses a dotación dun pequeño ximnasio nunha das aulas polivalentes do Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira.

O proxecto, que se licitará en ceustión de días, segundo indica o Concello, ten un orzamento total de 27.111,67 euros, dos que o Concello de Silleda aporta a maior parte (14.775,86 euros) e o 45% restante se financia a través do Programa Leader, coa convocatoria da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).

As obras consistirán no acondicionamento do local coa colocación dun pavimento e a instalación de equipos de ximnasia

Segundo informa o Goberno municipal, o contrato de equipamento sairá a concurso nos vindeiros días, despois de que a concesión da axuda fora tratada esta semana na Xunta de Goberno Local.

Con esta iniciativa instalaranse nunha das aulas da parte superior do edificio que se corresponde ca ampliación do centro varias máquinas para realizar exercicio físico.

"A dotación, de acordo ca Asociación Cultural Vista Alegre, virá a incrementar os servizos que se ofrece neste centro municipal, onde xa se realizan dende hai anos actividades e cursos realizados co exercicio físico e o benestar", subliña o Concello.

Así, as obras consistirán no acondicionamento do local, que actualmente se atopa baleiro, coa colocación dun pavimento axeitado, e a instalación dos equipos de ximnasia.

"Con este proxecto continuamos apostando polas melloras do Centro Cultural Vista Alegre, ofrecendo ademais aos veciños e veciñas do municipio un novo espazo no que realizar exercicio físico, co que se virán a implementar as numerosas actividades que xa se realizan nestas dependencias ao longo de todo o ano", indica o alcalde da vila trasdezana, Manuel Cuiña.

O Concello de Silleda dotará dunha área de ximnasio o Centro...
Comentarios