Situación "preocupante" en Silleda: los casos se duplican en una semana

O alcalde explica que, agás un dos gromos que se concentra unicamente nunha familia, o resto son casos illados
O Goberno localmantivo un encontro para avaliar a incidencia da Covid-19 no municipio. CEDIDA
photo_camera O Goberno localmantivo un encontro para avaliar a incidencia da Covid-19 no municipio. CEDIDA

A día de hoxe son xa 15 os casos rexistrados no municipio de Silleda. Aos oito confirmados a semana pasada súmanse outros sete. Nos últimos días confirmáronse dous novos casos relacionados con outro núcleo familiar que xa estaba contemplado no primeiro reconto; e outros tres novos sen relación entre eles.

Así, este mércores constatábanse outros dous novos, co que o reconto actual sitúase en 15 casos. "Visto que os casos continúan aumentando, estaremos alerta nos vindeiros días para ir implementando as medidas que sexan necesarias", indica o alcalde, Manuel Cuiña, calificando de "preocupante a situación, sobre todo porque salvo un dos brotes que se concentra unicamente nunha familia, o resto son casos illados".

Neste senso, Cuiña fai un chamamento á Xunta para tratar de reforzar os equipos de rastreo e o sistema de vixiancia para que as persoas do entorno dos afectados cumpran ca corentena. "En días pasados tivemos chamadas de veciños ás forzas da orde alertando de que persoas que convivían con afectados non estaban a respetar o illamento", asegura.

De feito, o Goberno municipal de Silleda mantivo este mércores un encontro para avaliar a incidencia da covid-19 no municipio. Tendo en conta a aparición de brotes nas dúas últimas semanas, e como xa anunciou o Concello en días pasados, xa se está a continuar cas desinfeccións periódicas nas rúas e espazos públicos, nas que tamén se terán en conta os accesos a todos os centros educativos do municipio.

Así mesmo, está xa rematado o protocolo hixiénico-sanitario para instalacións como a Escola de Música ou Casa da Cultura, nas que está previsto retomar a actividade nas vindeiras semanas. Este protocolo complementarase en casos como a Escola de Música con medidas específicas propostas polo personal dos centros.

Do mesmo xeito tamén se está a traballar noutro protocolo para as instalacións deportivas, nas que se está pendente, nalgún caso, das directrices das respectivas federacións en actividades como fútbol ou baloncesto.

Comentarios