Cuntis entrégase ao Lacón con Grelos

Máis de 3.000 comensais deron conta do prato estrela da tradicional festa, que repetiu o éxito das xornadas anteriores
Os asistentes degustan o produto na Festa do Lacón con Grelos. GONZALO GARCÍA
photo_camera Os asistentes degustan o produto na Festa do Lacón con Grelos. GONZALO GARCÍA

A Festa do Lacón con Grelos de Cuntis tampouco defraudou este ano. Como vén sendo tendencia, pechou este domingo a súa XXIII edición reafirmándose como unha cita de éxito, na que deu de comer a máis de 3.000 persoas.

As previsións meteorolóxicas non eran favorables pero, un ano máis, o Lacón con Grelos saiu vencedor. Xa dende as 11.00 horas da mañá a veciñanza e os visitantes puideron gozar do ambiente festivo co pasarrúas a cargo da Banda de Gaitas As Portelas de Lubián e coa actuación da Agrupación Municipal de Música e Baile Tradicional de Cuntis.

Gon Cuntis Festa do Lacón (12.15 horas, pregón de Xabier Fortes. 14.00 horas comida), domingo, 1 mar · 12:15–13:15

A posterior apertura da Feira de Artesanía e Produtos Agroalimentarios, coa XIV exposición da Camelia, de Apiturismo, Cerámica de Castrolandín e a XII Mostra de Encaixe, foi o aperitivo perfecto para escoitar o pregón do xornalista pontevedrés Xabier Fortes, e gozar da sesión vermú co Desfile do Entroido Tradicional de Boteiros e Folión de Vilariño do Conso, coa posterior actuación da brass band Brassica Rapa, na que as integrantes da agrupación encheron de ritmo e baile a previa á agardada degustación.

Ás 14.00 horas comezou o xantar do Lacón con Grelos baixo a carpa disposta para a ocasión, na que os comensais deron boa conta dos produtos protagonistas, e tamén dos chourizos e algunha que outra filloa de postre. A xornada continuou con actividades para cativos e máis música, coa actuación de Galifunk Brass, xa pola tarde. Posteriormente, e xa para pechar, tivo lugar o velorio e enterro do Chapante, a tradicional figura cuntiense que terá que agardar ata o ano que vén para volver encher o bandullo.

Gon Cuntis Festa do Lacón (12.15 horas, pregón de Xabier Fortes. 14.00 horas comida), domingo, 1 mar · 12:15–13:15

Comentarios