domingo. 22.09.2019 |
El tiempo
domingo. 22.09.2019
El tiempo

Un incendio forestal na Estrada obriga a cortar a N-525

Un helicóptero traballa nas labores de extinción do incendio. PATRICIA FIGUEIRAS
Un helicóptero traballa nas labores de extinción do incendio. PATRICIA FIGUEIRAS
O lume está controlado logo de queimar 0,7 hectáreas

Un incendio no municipio da Estrada, na parroquia de Loimil, obrigou esta tarde de xoves a cortar a estrada N-525 polo fume á altura de Abades, no Concello de Silleda.

Segundo informa a DXT a Europa Press, o corte produciuse desde as 17.52 horas e pasadas as 19.00 continuaba sen abrirse a vía no quilómetro 315 en ambos os sentidos. 
Pola súa banda, a Consellería de Medio Rural explicou a Europa Press que o lume se declarou ás 17.07 horas, pero está controlado desde as 18.24 horas logo de queimar 0.7 hectáreas.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

⚠️ Circulación alternativa na N-525 por 🔥🔥 forestal en Loimil⚠️ Medios de extinción traballando na zona. Precaución se circula pola zona, deixe as vías de acceso libre ós medios.

Una publicación compartida de Emerxencias A Estrada (@emerxenciasa) el

Nas tarefas de extinción destes lumes traballan tres helicópteros, dous avións, dous axentes e sete brigadas, entre outros medios.

OUTROS LUMES. Este xoves rexístranse outros lumes en Galicia, neste caso tres conatos nos municipios de Ribeira (A Coruña), Palas de Rei (Lugo) e Ponteareas (Pontevedra). 

O lume de Palas, na parroquia de San Miguel de Coence, xa extinguido desde as 18,11 horas –comezou ás 17.04 horas–. A superficie queimada é de 0,10 hectáreas.

En Ribeira, na propia parroquia de Ribeira, o lume iniciouse ás 16,43 horas e está controlado desde as 17.38 despois de arder 0.45 hectáreas. En Ponteareas, na parroquia de Angoares, tamén quedou controlado un incendio ás 19,05 despois de comezar ás 17.32 horas.

Un incendio forestal na Estrada obriga a cortar a N-525