A tecnoloxía achégase aos máis pequenos en Cuntis, Valga, Leiro e Burela

▶ Os interesados poden inscribirse aos obradoioros na Aula CeMIT da súa localidade
Fotografía dun Dron. AEP
photo_camera Fotografía dun Dron. AEP

O Concello de Cuntis será o primeiro en acoller as xornadas de difusión tecnolóxica para a mocidade impulsadas polo Colexio Profesional de Enxeñería en Informativa de Galicia e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Esta iniciativa aterra o luns en Cuntis e pasará o martes por Valga. O mércores será a quenda de Leiro e o venres a de Burela.

As xornadas estarán adicadas á robótica, ao pilotaxe de drons, á creación de App e aos videoxogos e animación 3D. No caso de Cuntis o obradoiro no que os mozos poderán participar é o de Crea a túa App.

En Valga e Burela os cativos poderán experimentar as sensacións de voar a través do obradoiro Voa con nós-drons.

No caso de Leiro serán os robots os protagonistas ofrecendo aos máis pequenos o obradoiro "Robótica para todos" que amosará dun xeito máis divertido a programación aos cativos.

Os interesados poden inscribirse aos obradoioros na Aula CeMIT da súa localidade.

Comentarios