sábado. 24.08.2019 |
El tiempo
sábado. 24.08.2019
El tiempo

Detido por tráfico de drogas un veciño de Rianxo nun bar de Valga 

Material incautado ao veciño de Rianxo arrestado por tráfico de drogas. GARDA CIVIL
Material incautado ao veciño de Rianxo arrestado por tráfico de drogas. GARDA CIVIL

O arrestado foi posto a disposición do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución dos de garda do Caldas de Reis

A Garda Civil detivo a un veciño de Rianxo, cuxo nome responde as iniciais J.D.F., de 28 anos, por un suposto delito contra a saúde pública, por tráfico de drogas, no transcurso dunha inspección realizada nun céntrico bar da localidade de Valga.

A inspección levou a cabo a pasada semana pola patrulla de seguridade cidadá da compañía de Vilagarcía, co apoio da Patrulla Fiscal Territorial e o Servizo Cinolóxico cun can detector de drogas. 

No interior do establecemento procedeuse á detención deste cliente ao que se lle interviñeron 14 envoltorios de cocaína (9,20 gramos); 5,40 gramos de haxix, 375 euros e dous teléfonos móbiles. 

O detido foi posto a disposición do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución dos de garda do Caldas de Reis que decretou a súa liberdade provisional con cargos. 

Este tipo de actuacións forman parte do plan operativo de resposta policial ao tráfico comerciante polo miúdo e consumo de drogas en zonas, lugares e locais de lecer e diversión deseñado pola Secretaria de Estado de Seguridade co fin de reducir a oferta de drogas ao consumidor. 
 

Detido por tráfico de drogas un veciño de Rianxo nun bar de Valga