Diluvio dialéctico de a cabalo dos Xenerais da Ulla, na Estrada

Os atranques pecharon a cita, na que ata tres caídas, ó esvarar, dun do cabalos participantes provocaron pequenos sustos

Un ano máis, as instalacións da Fundación do Moble da Estrada serviron de acubillo para celebrar o Martes de Entroido sen que participantes e público acabasen pasados por auga. Ata alí desplazáronse xenerais, correos e centinelas (un total de doce) de Santa Cristina de Vea para protagonizar ata sete atranques, disputas dialécticas nas que houbo alusións, especialmente, ás necesidades do rural estradense en materia de servizos e infraestruturas e á problemática que ten a citada parroquia co seu cemiterio, ampliado, pero que non pode utilizar por falta de licencia.

Nunha tarde gris e de chuvia, os veciños de Santeles abriron os actos cos bailes e música do Coro de Bonito, danzas para lucir os seus coloridos traxes tradicionais que, despois de moitos anos, volveron exhibir na vila. A continuación, outra personaxe típica, o Padre Xiao, tomou a palabra para facer un repaso crítico e satírico do acontecido ó longo do último ano na política nacional, catalana e local. Sobre esto último, non faltaron alusións á obra da Alameda municipal ou ó novo edificio da Escola Infantil. "Hai un informe que di, pendente de que se concrete, que se chove mete auga e se non chove, non a mete", rezou unha das súas estrofas. Entroido na Estrada. PATRICIA FIGUEIRAS

Os atranques pecharon a cita, na que ata tres caídas, ó esvarar, dun do cabalos participantes provocaron pequenos sustos, sen maiores consecuencias. A chuvia obrigou a pospoñer o desfile de carrozas e conxuntos de disfraces de varias parroquias ó próximo sábado 16 de marzo.

Comentarios