sábado. 18.09.2021 |
El tiempo
sábado. 18.09.2021
El tiempo

Dimite o voceiro do PP de Cuntis por "motivos profesionais"

Manuel Vázquez, entre Rueda y Pastor. TWITTER
Manuel Vázquez, entre Rueda y Pastor. TWITTER
Salvador Pena, número catro na lista, ocupará a súa praza e a portavoz será Isabel Couselo

O voceiro do PP de Cuntis, Manuel Vázquez, presentou a dimisión e a renuncia á acta de concelleiro por "motivos profesionais". Salvador Pena, número catro na lista, ocupará a súa praza e a voceira será Isabel Couselo.

A renuncia de Manuel Vázquez, coñecido como Manoele de Felisa na súa vertente artística, será efectiva no pleno que se celebra este xoves.

Salvador Pereira tomará posesión na seguinte sesión plenaria, que no caso de Cuntis ten lugar cada dous meses. O novo concelleiro popular ten 48 anos e é enxeñeiro técnico agrícola. Xa foi edil en Cuntis entre os anos 2007 e 2015, os últimos catro formando parte do goberno local.

Dimite o voceiro do PP de Cuntis por "motivos profesionais"
Comentarios
ç