Dous accidentes de tráfico en Cuntis deixan tres feridos

Os sucesos ocorreron con escasos 15 minutos de diferencia na N-640, aínda que en puntos diferentes
Un dos vehículos accidentados en Cuntis. DP
photo_camera Un dos vehículos accidentados en Cuntis. DP

Tres persoas resultaron feridas en dous accidentes que tiveron lugar no concello de Cuntis de xeito case simultáneo, aínda que en localizacións diferentes. 

Un choque entre dous turismos, sobre as 17.15 horas, deixou dous feridos no quilómetro 214 da estrada N-640, no Piñeiro. Segundo informou o 112, unha persoa alertou aos servizos de emerxencia para pedir axuda. O alertante avisou de que o accidente foi causado por un adiantamento e indicou que un dos vehículos estaba envorcado, aínda que non había ningunha persoa atrapada no interior do seu coche. 

Desde o 112 avisouse ao 061, a Garda Civil, o GES da Estrada e aos efectivos de Protección Civil de Cuntis e de Portas. Os servizos sanitarios confirmaron que dúas persoas estaban feridas, se ben en principio, ningunha parecía de gravidade

SEGUNDO ACCIDENTE. O segundo accidente chegou apenas 15 minutos despois e na misma estrada, aínda que nesta ocasión foi no quilómetro 210, en Portela. Neste caso un turismo saiuse da vía e golpeou contra unha árbore. 

Ata o lugar do incidente desprazáronseos servizos sanitarios, axentes da Garda Civil de Tráfico, persoal do GES da Estrada e axentes de Protección Civil da localidade. O único ferido foi asistido polos profesionais sanitarios que se desprazaron ao lugar. 

Comentarios