martes. 19.01.2021 |
El tiempo
martes. 19.01.2021
El tiempo

Dúas mulleres evacuadas por un escape de gas nunha vivenda de Moraña

Ambulancia del 061. ARCHIVO
Ambulancia del 061. ARCHIVO

Dúas mulleres foron trasladadas a un centro médico este venres de madrugada debido a un posible escape de gas nunha vivenda en Moraña.

Os feitos ocorreron no lugar de Santa Lucía de Moraña, na parroquia de Saiáns, ao fío das 1. 30 horas. Ao lugar o 061, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias, enviou dúas ambulancias que levaron a senllas mulleres ao Hospital Montecelo; unha de soporte vital básico cun equipo sanitario de Atención Primaria que trasladou a  M. M. R.S., de 40 anos; e outra de soporte vital avanzado que levou a  M. J. R.S., de 47 anos. 

Tamén foron avisados o GES e o Servizo Municipal de Protección Civil da Estrada, os efectivos de Protección Civil de Moraña, os Bombeiros de Vilagarcía, a Garda Civil e a empresa subministradora do gas.

Dúas mulleres evacuadas por un escape de gas nunha vivenda de Moraña