As dúas vidas de Xosé Manuel Beiras

Fernando Rodríguez é o coguionista e coprodutor dun filme que recolle conversas con personalidades de diferentes ámbitos ► O cesureño puso en marcha o proxecto de gravar o documental, que dirixiron os irmáns Jorge e Pepe Coira e Gaspar Broullón
Beiras en una imagen de archivo de 2018 en Pontevedra. CRISTIAN FERNÁNDEZ
photo_camera Beiras nunha imaxe de arquivo de 2018 en Pontevedra. CRISTIAN FERNÁNDEZ

"Hai cousa de catro ou cinco anos comecei a darlle voltas á idea, e pouco tempo despois chamei a Pepe Coira para comentarlla. A resposta de Pepe non puido ser máis reveladora: como, é que non hai feito un documental sobre Beiras?"

Quen di isto, Fernando Rodríguez, é coguionista e coprodutor dun filme sobre un político que marcou unha época, ademais de catedrático de Economía e pianista, e que sempre se empregou con paixón e intensidade.

O documental realizouse cun sistema de micromecenado, grazas ás achegas que, por máis de 12.000 euros, fixeron os e as mecenas ao proxecto. "Tratándose de Beiras, tiña que ser un proxecto o máis participativo posible, por iso decidimos financialo deste xeito", subliña o cesureño Fernando Rodríguez.

E insiste, "non se trata dun documental sobre Xosé Manuel Beiras, é un documental con X. M. Beiras", o matiz é moi importante, plantexa.

"É moito máis que unha película, o proxecto dispón dunha páxina web, https://vivir2veces.com, onde os e as mecenas poden visualizar todas as pezas íntegras que se foron gravando. Pezas que son, en boa parte, conversas, que non entrevistas, de Beiras con personalidades de ámbitos moi diferentes: Méndez Ferrín, Silverio Rivas, Rosa Regueira, Luís Soto, etc."

O documental, ademais das conversas, confórmao o repaso ao álbum de fotos de Beiras e os "seus lugares" (Compostela, París, o Parlamento, a Facultade de Económicas, a casa, etc) e poderase ver proximamente nas salas de cinema.

O nome, Beiras vivir 2 veces, foi escollido principalmente pola experiencia vital do protagonista, que, durante tres anos, nos primeiros 80, "desapareceu da vida pública por mor dun forte bache anímico, e que foi quen de volver reforzado e converterse no referente que hoxe é", argumenta Fernando Rodríguez.

"Estou enormemente agradecido á posibilidade de traballar tan cerca de Beiras, foi toda unha aprendizaxe. Tamén o foi facelo na compaña de Gaspar Broullón, Jorge Coira, Pepe Coira e todo o equipo deste proxecto", expón o cesureño.

Ademais de X.M Beiras, como non podía ser doutro xeito, tamén participan no documental, Xosé Luís Méndez Ferrín, Anxel Huete, Silverio Rivas, Mercedes Rozas, Xosé María Álvarez Cáccamo, Miguel Anxo Fernán Vello, Flor Maceiras, Luisa Martínez, Luís Soto Rosa Regueiro, Martiño Noriega, Manuel Caamaño, Isabel Torres e Manoel Santos Gerardo Pisarello

"Agora que se vexa, que rule...", é o desello que fan público todos eles.

Comentarios