miércoles. 21.04.2021 |
El tiempo
miércoles. 21.04.2021
El tiempo

Eliminan un punto de vertido de augas residuais no lugar estradense da Devesa

Imaxe de arquivo dun vertido de augas residuais. DP
Imaxe de arquivo dun vertido de augas residuais. DP
Os inspectores pediron ao responsable da vivenda que adoptase medidas correctoras

A Xunta vén de eliminar un punto de vertido de augas residuais urbanas ao dominio público hidráulico no lugar da Devesa, no concello da Estrada. Os técnicos do Plan de Control de Vertidos, de Augas de Galicia, localizaron a orixe deste vertido nas augas residuais urbanas xeradas nun inmoble particular, que vertían directamente ao dominio público

O persoal inspector solicitoulle ao titular da vivenda a adopción das medidas correctoras oportunas. Recentemente, os técnicos levaron a cabo unha inspección na zona, constatando a emenda do vertido, tras proceder o particular á instalación dun sistema de tratamento autónomo para as augas residuais producidas na vivenda.

Eliminan un punto de vertido de augas residuais no lugar estradense...
Comentarios
ç