A empresa concesionaria confirma a potabilidade da auga da traída de Lalín

Captación de agua en el río Asneiro, en Lalín. ADP

Un vertido de purís preto da estación de bombeo de Catasós foi o causante da alarma

A empresa concesionaria do servizo de abastecemento da auga de Lalín, Espina&Delfín, vén de confirmar a plena potabilidade da auga da traída, así o aseguraban este domingo desde o Concello.

Así, apuntaron que as análises realizadas en laboratorio das mostras tomadas este sábado tras un vertido de puríns preto da estación de bombeo de Catasós corroboran que os parámetros microbiolóxicos da auga da traída son correctos.