domingo. 21.07.2019 |
El tiempo
domingo. 21.07.2019
El tiempo

"Estou orgullosa de cumprir o programa e dos investimentos"

Belén Cachafeiro. PATRI FIGUEIRAS
Belén Cachafeiro. PATRI FIGUEIRAS

Belén Cachafeiro é alcaldesa e candidata do Partido Popular de Forcarei

Esta será a súa segunda concorrencia como cabeza de lista ás municipais. Son diferentes estes comicios ós anteriores?
Tódalas eleccións son diferentes, pero tamén teñen puntos en común porque as necesidades dos veciños, que son a miña máxima preocupación, son sempre moi similares. En calquera caso, sempre hai diferenzas, xa que non é o mesmo presentarse por vez primeira, como fixen hai catro anos, que facelo agora de novo, xa cun balance de xestión consolidado e cuns resultados electorais, os de 2015, que reflicten que a maioría dos veciños están do noso lado e apoian o noso proxecto para todos.

Coincídelle a precampaña e a campaña en pleno conflicto pola supresión do servizo do SAF. Teme que o malestar lle reste apoios?
A verdade é que non, porque a supresión non foi decisión deste Goberno, foi a única posibilidade que nos deixou a postura do sindicato dirixido por un candidato do BNG (en Lalín), que sendo ano de eleccións pensou que iamos ceder as súas chantaxes a mala xestión económica interna da adxudicataria e o seu concurso de acreedores. Só quedaban como alternativas a suspensión temporal do servizo, que reanudaremos tan pronto como poidamos, ou cometer unha ilegalidade, cousa que nunca faremos. Non somos tan tontos como para, conseguindo un dos mellores SAF de Galicia e co financiamento garantido, suspender este servizo a dous meses das eleccións. Para nós é algo prioritario e, ó igual que os usuarios, que son o que máis nos preocupa, tamén somos vítimas do uso político e electoralista desta cuestión.

A oposición e a plataforma de afectados asegura que hai usuarios sen servizo por non poder pagalo ou porque non hai empresa que queira atendelos. É así?
Nós agora, por desgraza, estamos desvinculados deste servizo, xa que o contratan os usuarios. Sei, por contactos con veciños, que algún pagan máis e outros menos. Neste tema hai moitas mentiras por parte do sindicato e dalgunhas traballadoras, que só buscan boicotear o SAF, sen importarlles os usuarios, para danar a este Goberno porque, repito, se moven por intereses electorais, no caso do representante sindical, e por buscar un posto de funcionarias sen oposición, no caso dalgunhas traballadoras, non de todas.

De que se sente máis orgullosa neste último mandato?
De cumprir por completo o programa electoral, de defender sempre os intereses xerais dos veciños e do Concello, de conseguir un elevado nivel de investimentos, con máis de 6 millóns de euros para mellorar as infraestruturas e os servizos públicos, do apoio ós novos proxectos empresariais e ós emprendedores e de manter unha xestión económica impecable, con superávits e con débeda cero. Porque é importante que os veciños saiban que os cartos de todos están ben coidados e investidos.

Que lle quedou por facer?
Moitas cousas, porque os nosos veciños sempre merecen máis. Gustaríame ter aumentado a concienciación da importancia da reciclaxe, que é algo no que seguiremos afondando, e tamén de que a xente saiba que somos un Concello pequeño, pero moi vivo, no que se crea emprego, no que hai un tecido empresarial moi forte e no que hai moitas potencialidades no agro, no turismo e en moitos outros sectores.

Cal é o espírito do seu proxecto para Forcarei?
Seguir traballando para que a xente que quere vivir aquí e ter o seu emprego o faga nas mellores condicións e conte coas mellores infraestruturas e servizos. Temos un proxecto para a xente de aquí, non para os que falan de Forcarei pero viven ou emprenden noutros lugares porque para eles este Concello só é un lugar de paso. E tamén impulsaremos, como ata a data, todas as accións posibles para que o noso sector agrogandeiro se manteña forte e que os nosos maiores se sintan coidados e atendidos.

"Estou orgullosa de cumprir o programa e dos investimentos"
Comentarios