A Estrada avanza na súa programación cultural con dúas actividades no Teatro Principal

Quico Cadaval estrea este xoves os 'Parladoiros de outono'
Quico Cadaval en una imagen de archivo. AEP
photo_camera Quico Cadaval en una imagen de archivo. AEP

O Teatro Principal da Estrada acollerá esta semana dúas novas actividades enmarcadas na programación cultural de outono. Este xoves sobre o escenario do Teatro Principal, ás 20.30 horas, iniciarase a sección de Parladoiros de outono, cun artista moi singular da escena galega, Quico Cadaval, que a través do seu compromiso coa realidade social e cultural galega, trasladará ao público moitos aspectos da súa traxectoria artística. A ponencia, que durará 60 minutos, será de balde.

O venres, ás 21.00 horas, dará comezo o espectáculo multidisciplinar The Great Greta que combina danza, humor e circo, rompendo os esquemas actuais. A peculiar protagonista, envolta nunha escenografía única e singular, logrará cautivar a toda clase de público. As entradas terán un prezo de cinco euros.

Comentarios