"Se eu fixese a lista do PP, non apoiarían ao alcalde do Bloque"

O PSOE non moveu un dedo desde que o pacto entre o PP e o BNG puxo fin á súa traxectoria, subliña Alberto García, que acusa ao seu sucesor de levar adiante unha operación de manipulación, e fai pública a súa confianza nos populares para "restaurar a democracia"
Alberto García, portavoz del PSOE no Concello de Catoira. F.S.
photo_camera Alberto García, portavoz del PSOE no Concello de Catoira. F.S.

Despois de nove meses, Alberto García confía en volver á Alcaldía de Catoira, que ocupou anteriormente durante 25 anos ininterrompidos.

Como valora a reacción dos veciños de Catoira á presentación da moción de censura?
A reacción dos que acoden a min é moi positiva. Din que xa se alongou moito a espera. Aqueles que se dirixen a min, que son moitos, danme parabéns por presentar a moción.

Podería afectar negativamente á convivencia.
Creo que non. Eu sempre fixen o posible para que iso non acontecese. Agora, se outros, ao mellor, son irresponsables e tratan de enfrontar aos veciños pois será cuestión deles, non miña. Pero eu penso que os veciños de catoira son suficientemente intelixentes para distinguir a quen, ao mellor, trata de botarlle leña ao lume. Fago un chamamento á responsabilidade.

Cal é a súa análise da situación?
Aquí hai un ganador, que é o Partido Socialista, comigo á cabeza. Faltáronme 18 votos para acadar a maioría absoluta. Hai, tamén, a irresponsabilidade de non cumplir un pacto que tiñan a nivel de Galicia o PSOE e o Bloque, no que se recollía que o Bloque non tiña que presentar candidatura. El (o alcalde, Xoán Castaño) é o responsable por presentarse para que o PP o votara.

O secretario provincial do PSdeGPSOE, David Regades, dixo que a presentación da moción de censura é «un erro político grave».
Primero, Regades non coñece a situación de Catoira, polo tanto, debería de ter un pouco máis de atención a este concello, porque desde que saíu elixido o do Bloque, e non cumpriu co pacto, ninguén dixo nada.

Que persegue co pacto co PP?
A cuestión é restaurar a democracia en Catoira. Non se pode gobernar contra o pacto, e tiñan que ter esixido ao Bloque que o cumprira, pero está gobernando por decreto con tres concelleiros, fronte a oito, que representan ao 70% dos votantes e non están dacordo coas formas ditatoriais deste personaxe.

Se a campaña electoral das autonómicas non estivese tan preto, pensa que sería outra a reacción do seu partido?
Eu non estou dentro da cabeza doutras persoas para saber que pensan, pero penso que si que afecta, tanto na decisión do PP como tamén na do PSOE.

Confía na seriedade dos representantes do Partido Popular de Catoira para que se cumpra o pacto de goberno firmado?
Pois eu, se non pensara que se vai cumprir, non firmaría nin o pacto nin a moción de censura. Teño que crer que todos somos ‘caballeros’ e que cumpriremos. Aparte de que a única concelleira do PP que parece que non o estaba, deixou a acta.

Que opina das descalificacións feitas por Iván Caamaño contra vostede nas redes, que fixo públicas Xoán Castaño?
Imaxino que é unha manipulación do Bloque Nacionalista Galego, como fai con todo. Desde que entrou está manipulando todo o Concello, despediron á directora da Escola de Teatro e meteron unha deles, están sacando unha bolsa de traballo e o alcalde colle a quen lle gusta máis, e non pode ser.

O alcalde afirmou que é vostede quen elabora as candidaturas do PP nas eleccións municipais.
Perden os papeis. Xa se demostrou claramente que non fixen a lista do PP porque apoiouno a el para alcalde e estiveron nun monte de Rianxo ás catro da mañá para chegar a un acordo. Non cumpre o pacto co PSOE e despois non cumple o pacto co PP. Que se pode agardar desde home?

No pacto figura que vostede será alcalde no primeiro ano e medio, cando chegar co bastón de mando as vindeiras eleccions municipais é unha baza a explotar. Por qué?
O criterio que seguimos é que eu son o cabeza de lista do partido máis votado e teño que recoller o bastón de mando que me foi arrebatado ilexitimamente. Teño máis de mil votos e respondo diante dos meus veciños.

Aínda que fose máis rendible electoralmente ser alcalde no segundo turno?
Penso que si, pero nós actuamos con responsabilidade.

Despois de 25 anos como alcalde e outros dez máis como concelleiro, pensou algunha vez que podería verse nesta situación?
En política todo pode acontecer. Visto quen son os do Bloque en Catoira, tiven claro que esta xente non ía cumprir co Partido Popular, para que non o expulsaran. E agora está amarrado á cadeira con pegamento.

Comentarios