Extinguen un incendio nunha casa abandonada no concello de Agolada

A vivenda afectada está situada na parroquia de Borraxeiros

Intervención de Emerxencias Lalín e bombeiros. GES (incendio en Agolada)
photo_camera Intervención de Emerxencias Lalín e Bombeiros. GES

Efectivos do Grupo de Emerxencias Lalín, xunto cos bombeiros, desprazáronse este martes pola mañá ao municipio de Agolada para extinguir un pequeno incendio que se rexistrou nunha vivenda abandonada.

O lume afectou a unhas táboas que estaban situadas na zona da porta de entrada e foi rapidamente sufocado.

A casa afectada está situada en Reboredo, na parroquia de Borraxeiros