Extinguido o incendio forestal de Agolada tras queimar preto de 20 hectáreas

O lume orixinouse sobre as 5.30 horas da madrugada na parroquia de Trabancas
Detalle de varias árbores calcinadas, este luns, tras estabilizarse o incendio forestal declarado en Monterrei. EFE
photo_camera Detalle de varias árbores calcinadas, nunha imaxe de arquivo. ADP

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio rexistrado este mércores no municipio pontevedrés de Agolada foi xa extinguido, tras calcinar preto de 20 hectáreas de terreo. En concreto, o lume orixinouse sobre as 5.30 horas da madrugada na parroquia de Trabancas e quedou apagado ás 13.17 horas do mediodía. 

Segundo as últimas estimacións, as lapas afectaron a unha superficie de 19,8 hectáreas, das cales 0,3 son de monte arborado e 19,5 de monte raso. Na súa extinción participaron cinco axentes, tres brigadas e catro motobombas. 

Comentarios