Unha familia de Valga cede ao Museo da Historia un capitel da época romana

A pedra sempre estivo na horta, e cando a moveron de lugar para uns traballos advertironos sobre o seu valor patrimonial
A peza achada na horta da familia Freire Lorenzo. CEDIDA
photo_camera A peza achada na horta da familia Freire Lorenzo. CEDIDA

A familia Freire Lorenzo, de Ferreirós (Cordeiro), vén de ceder definitiva e gratuitamente ao Concello un capitel de época romana achado na horta da súa casa. O alcalde, José María Bello Maneiro, e Loli Freire Lorenzo asinaron este xoves o documento de cesión que permite incorporar esta peza aos fondos do Museo da Historia, no que se exporá despois de ser sometida a un proceso de limpeza e restauración.

A familia sempre recorda esta pedra na súa horta, sen que lle deran maior importancia. Recentemente, con motivo duns traballos a realizar na parcela, movérona de lugar e foi entón cando lles advertiron sobre o valor patrimonial que podía ter. Tras poñerse en contacto co Concello, técnicos municipais desprazáronse a Ferreirós a ver a peza, apreciando dende un primeiro momento que podía tratarse dun capitel do coñecido como estilo Setecoros e moi similar e do mesmo período que outro que se conserva no Museo da Catedral de Santiago, datado entre os séculos III e IV (época tardorromana).

Comentarios