martes. 18.02.2020 |
El tiempo
martes. 18.02.2020
El tiempo

A Feira do Cocido de Lalín contará con Sonsoles Ónega de pregoeira

A presentación da Feira do Cocicdo, en VIgo. DP
A presentación da Feira do Cocicdo, en VIgo. DP
A cita recuperará a súa gala na TVG
 

A 52ª edición da Feira do Cocido de Lalín (Pontevedra), que se celebrará o domingo 16 de febreiro, contará coa xornalista Sonsoles Ónega de pregoeira. 

Nunha rolda de prensa este sábado, o alcalde, José Crespo, tamén anunciou que neste 2020 se recuperará despois de tres anos a tradicional gala retransmitida pola Televisión de Galicia (TVG), que terá un carácter solidario e se emitirá o venres 14 de febreiro desde o Lalín Area. 

Neste sentido, Crespo indicou que en total o Concello achegará uns 30.000 euros á televisión autonómica para a retransmisión, mentres que outros 20.000 euros sairán de patrocinadores. En canto aos artistas, o rexedor indicou que aínda está "a negociar". 

Ademais, o alcalde explicou que este ano, en lugar de organizar un cocido solidario, este carácter o terá a gala do venres. Así, e dado que non se pode cobrar entrada porque "non é legal", adiantou que se pedirá un donativo dun euro nos accesos ao Lalín Area, onde haberá representación de varias asociacións benéficas. 

Xa o domingo 16 de febreiro, día grande da Feira do Cocido, Sonsoles Ónega, filla do tamén xornalista Fernando Ónega, fará de pregoeira. Respecto diso, o alcalde de Lalín celebrou a elección porque "si ou si" quería que fose unha muller quen desempeñase este papel: "En dez anos só tres o foron". 

As entradas á feira custarán 35 e estarán dispoñibles no Pazo de Lendoiro e na entrada do Concello. "A idea é polas xa á venda esta semana", engadiu Crespo. 
 

A Feira do Cocido de Lalín contará con Sonsoles Ónega de pregoeira
Comentarios