Un home de 68 anos resultou ferido na mañá deste xoves mentras realizaba labores de corta de leña cun fuso enganchado a un tractor.
O accidente aconteceu no número 5 do lugar de Caxide, pertencente á parroquia de Larazo (Vila de Cruces), nunha eira preto do domicilio particular da vítima, que responde ás iniciais de F.C.L.
Tras o incidente o varón tivo que ser trasladado en helicóptero ao Hospital Clínico de Santiago. O ferido ía consciente, ainda que con feridas na cabeza e nun brazo.
O aviso ao 112 chegou arredor das 10.20 horas deste xoves, e ata o lugar se desprazaron, ademáis do helicóptero, unha ambulancia do 061, persoal médico do centro de saúde de Cruces, Protección Civil de Cruces e Garda Civil.