Un operario resultou ferido ao caer do tellado no que traballaba en Valga

Aconteceu a primeira hora da tarde, no lugar de Magariños
Helicóptero del 061, en el aire. HELICO OURENSE
photo_camera Helicóptero del 061, en el aire. HELICO OURENSE

Un operario resultou ferido este venres ao sufrir unha caída no seu posto de traballo en Valga.

O accidente tivo lugar ás 15.30 horas e foi un particular o que chamou ao 112 Galicia para solicitar asistencia médica para un albanel ferido após caer dunha altura duns cinco metros.

O accidente ocorreu cando o home traballaba no tellado dunha vivenda no lugar de Magariños, na parroquia de Setecoros.

O 112 deu aviso aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que informaron da mobilización do helicóptero medicalizado con base en Santiago para atender o ferido, pero, finalmente, o operario foi trasladado en ambulancia até o centro hospitalario de referencia.

Co fin de prestar apoio ao equipo médico, desde o 112 pasouse aviso tamén aos axentes da Garda Civil, da Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade.