lunes. 23.09.2019 |
El tiempo
lunes. 23.09.2019
El tiempo

Fernando González Graña presenta o libro 'Zapatos máxicos' na Estrada

Presentación do libro de Fernando González Graña. PATRI FIGUEIRAS
Presentación do libro de Fernando González Graña. PATRI FIGUEIRAS

Alumnos do CEIP do Foxo e do CEIP de Figueiroa recitaron unha serie de poemas do libro durante o evento

O escritor Fernando González Graña presentou este venres no Museo do Moble e a Madeira da Estrada o seu libro Zapatos máxicos.

Na presentación estiveron presentes o lingüista Carlos Loureiro, o escritor Miro Villar, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, o alcalde da Estrada, José López Campos, o concelleiro de Cultura da localidade, Juan Constenla, e o ilustrador do poemario, Xaquín Blanco.

Durante o evento, os asistentes puideron gozar da actuación musical de Manoele de Felisa e de Marián Ramos. Un grupo de nenos e neas do CEIP de Figueiroa e do CEIP do Foxo recitaron unha serie de poemas da publicación.

Fernando González Graña presenta o libro 'Zapatos máxicos' na Estrada
Comentarios