A Festa da Cervexa abre as súas portas en Lalín co reto de ser un referente

O público asistente poderá degustar ata este domingo propostas gastronómicas que conxungan os pratos locais xunto coa cervexa, acompañándoas con actuacións musicais durante todo o día
Inauguración da Festa da Artesanía da Cervexa, na Praza da Igrexa. DP
photo_camera Inauguración da Festa da Artesanía da Cervexa, na Praza da Igrexa. DP

A 1ª Festa da Artesanía da Cervexa en Lalín abriu este venres a súas portas na Praza da Igrexa de Lalín. O primeiro día desta festa temática na vila dezana, que ademais de diferentes cervexas artesás ofrece música e gastronomía, foi todo un éxito de afluencia de público, o que augura un bo futuro para esta novidosa feira, que se celebrará ata este domingo.

O alcalde de Lalín, José Crespo, xunto co concelleiro de Festas, José Crespo, e o presidente da Asociación Galega de Operadores de Artesanía Alimentaria e Pensos, Carlos Brea, levaron a cabo a inauguración desta festa.

O mandatario quixo resaltar "que mellor para nós que temos un patrocinador cervexeiro que fomentar e apoiar dende o Concello esta temática festiva que facéndoo a través deste tipo de eventos". Fixo especial fincapé en que esta festa "sexa un referente en toda Galicia e o fomento e a axuda económica para elo é vital, por iso mesmo nós apoiamos esta iniciativa xa que proporciona moito valor engadido ao noso municipio e á comarca, o que repercutirá nun beneficio colectivo para toda a veciñanza e comerciantes".

Crespo tamén indicou que "unha das nosas ideas é a de manter ao longo do tempo esta festa artesá da cervexa".

Durante a presentación do evento, informouse que asisten cervexerías como Augas Santas, Barreiros, Nasa de Pontevedra, Toxo Guayaba, Bah, Nortada, de O Porto, Bila, Oldfox ou Nasa. Poderán degustarse ata 30 estilos de cervexa.

Tamén se explicou o regulamento da feira, xa que hai unha moeda propia, e é preciso canxear previamente os cartos para poder efectuar os pagos. Tamén hai que mercar o vaso oficial. En canto ao custe das cervexas, varía entre un precio mínimo de 2 euros e un máximo segundo cada estilo de cervexa (aproximadamente 3 euros cada unha). Hai dous formatos, o habitual de 25 centilitros e outro mini para probar, de 10 centilitros, que terá custe de entre 1 e 2 euros.

Unha das ofertas que máis atención está a provocar son os postos de comidas. En canto ás actividades complementarias, serán amplas e variadas e incluén a ambientación musical a base dun Dj durante todo o día e concertos polas noites.

Comentarios