jueves. 22.08.2019 |
El tiempo
jueves. 22.08.2019
El tiempo

FRANCISCO VILARIÑO, CANDIDATO DO BNG EN LALÍN

"O noso papel no Goberno é moi valorado"

Francisco Vilariño. PATRI FIGUEIRAS
Francisco Vilariño. PATRI FIGUEIRAS

Serán as primeiras municipais do BNG de Lalín logo de formar parte do Goberno, por primeira vez na historia. Iso daralles unha situación de partida máis favorable que a de hai catro anos?
Vai ser unha vantaxe grande, porque o Goberno deunos a oportundide de que a xente percibira a nosa maneira de traballar e como cun só edil se puideron levar a cabo múltiples iniciativas. O papel do BNG é moi valorado polo cidadanía e iso foi unha das causas de que aumentásemos moitísimo os simpatizantes e militantes.

Que Lalín ofrece o BNG?
Ofrecemos un proxecto participativo no que a xente sexa a protagonista; unha aposta polo rural, para o que comprometemos, como mínimo, o 55% dos investimentos; un concello, transparente e feminista no que a mocidade teña un papel destacado.

Que logros ensalza do mandato e que melloraría?
A política fiscal é unha clara bandeira. O saneamento das arcas municipais é máis que evidente e apostamos pola participación cidadá e por políticas sociais e deportivas. Tamén é destacable o que xeraron en termos de riqueza as políticas de turismo e de emprego. Sentáronse unhas bases moi fortes que nos sitúan nas mellores condicións para, nos vindeiros catro anos, afrontar proxectos moi ambiciosos.

Foi un mandato de confrontación coa oposición. E así está a ser ata agora...
Non me sinto partícipe. A política municipal de Lalín ten que baixar o ruído. A xente está terriblemente aburrida desta situación. Nós, dende o primeiro día, dedicámonos a traballar.

"O noso papel no Goberno é moi valorado"
Comentarios