O GDR Salnés-Ulla-Umia destaca as potencialidades do concello de Caldas

Na reunión púxose de manifesto a potencialidade desta vila en medio ambiente, no patrimonio natural e cultura, no turismo e no termalismo
Reunión do GDR Salnés-Ulla-Umia en Caldas de Reis. DP
photo_camera Reunión do GDR Salnés-Ulla-Umia en Caldas de Reis. DP

O Grupo de Desenvolvemento Rural Salnés-Ulla-Umia está preparando a nova Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo para o período 2023-2027, e no cadro do proceso para a súa elaboración onte reuniuse a xerente do GDR, Arancha Pérez, co alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey, e co concelleiro de Medio Ambiente e Obras, Manuel González, que ao mesmo tempo é vocal do GDR.

Na reunión analizáronse as potencialidades de Caldas de Reis nos ámbitos do medio ambiente e do patrimonio natural e cultural, do turismo e do termalismo, na agricultura e no sector forestal, e tamén os proxectos de desenvolvemento comercial, tecnolóxico e industrial no municipio.

O obxectivo final é acadar un rural sostible, asentar poboación, crear emprego e riqueza nas comarcas que forman parte do GDR e mellorar os servizos para a poboación, como é o caso da comarca de Caldas, aproveitando a financiación europea do programa Leader e do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

O alcalde, Juan Manuel Rey, agradeceu o apoio canalizado a través do GDR aos proxectos de investimento públicos e privados desenvolvidos en Caldas de Reis, e sinalou as prioridades municipais para a próxima convocatoria de axudas 2023-2027.

Comentarios