domingo. 16.05.2021 |
El tiempo
domingo. 16.05.2021
El tiempo

A hostelería lalinense xa pode solicitar as axudas directas para paliar os peches

Establecemento da hostalería en Lalín. PATRI FIGUEIRAS
Establecemento da hostalería en Lalín. PATRI FIGUEIRAS
O Concello abre este xoves un prazo de 15 días hábiles para a xestión

Este xoves ábrese o prazo de 15 días hábiles para solicitar as axudas extraordinarias directas á hostelería do Concello de Lalín, unha vez que este mércores se publicou o extracto no BOPPO. As achegas á hostalería teñen unha contía de 1.200 euros para bares, restaurantes e ximnasios e de 2.400 euros para establecementos de ocio nocturno. O trámite para pedilas será sinxelo a través dunha presentación de declaración responsable a fin de que poidan resolverse o antes posible.

Poden pedir estas axudas as persoas física ou persoas xurídicas así como as entidades sen personalidade xurídica do sector da hostelería e do ocio nocturno, así como as persoas titulares de ximnasios que desenvolven a súa actividade no Concello de Lalín.

Os requisitos son os seguintes: Estar dado de alto no réxime correspondente da Seguridade Social, salvo que non sexa de obrigado cumprimento. Que se desenvolva unha actividade económica en situación de alta no Imposto sobre Actividades Económicas e encadrada nalgún dos epígrafes correspondentes ao IAE relacionados no anexo I. Que a actividade se desenvolva no municipio de Lalín. Para aquelas actividades sen local determinado, deberán ter o seu domicilio fiscal no Concello. Estar afectados polo peche temporal de actividade establecido pola normativa sanitaria na orde do 26 de xaneiro de 2021.

Consideraranse negocios de ocio nocturno aqueles establecementos de discotecas, pubs, cafés-espectáculo e salas de festa, de conformidade coa definición de que estes establecementos se prevé no punto III.2.7 do anexo único do Decreto 124/2009, polo que se aproba o catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público da Autonomía de Galicia.

Concederase unha única axuda por establecemento con independencia do número de persoas autónomas que desenvolvan a súa actividade no mesmo. A presentación de solicitudes individualizadas polas persoas autónomas que desenvolvan a súa actividade no mesmo establecemento entenderanse desestimadas.

Lalín non puido ir finalmente dentro do convenio da Xunta posto que as achegas comprometidas desde o Concello á hostalería son superiores ás establecidas no marco do dito acordo do goberno autonómico (as achegas da Xunta á hostalería son todas de 1.000 euros).

AXUDAS AO COMERCIO. Continúa aberto o prazo ata o 28 de abril para solicitar as axudas extraordinarias directas ao sector do comercio. Unha vez finalice o dito prazo de solicitude, resolveranse a fin de que os cartos cheguen aos comerciantes o antes posible.

Destacar que o Concello baixou do 30% ao 20% o límite de perdas mínimas para que poidan beneficiarse o maior número de empresas e negocios e ademais tamén se abriu un prazo de preinscrición para que se puideran subscribir todos os posibles beneficiarios e para que a cantidade fose a maior posible para cada establecemento.

Deste xeito, a axuda será de 1.000 euros por establecemento ou por actividade sen establecemento, podendo ter a persoa ou entidade beneficiaria máis dun establecemento ou actividade con dereito a axuda.

A hostelería lalinense xa pode solicitar as axudas directas para...
Comentarios
ç