O humorista Xosé Antonio Touriñán será o pregoeiro da Festa do Lacón de Cuntis

A intervención do cómico está programada para as 12.15 horas, logo da apertura das mostras de camelias

Xosé Antonio Touriñán
photo_camera Xosé Antonio Touriñán

O humorista Xosé Antonio Touriñán ofrecerá o pregón da XXII Festa do Lacón con Grelos de Cuntis, que se celebrará o próximo domingo, día 10. A intervención do cómico está programada para as 12.15 horas, logo da apertura das mostras de camelias, cerámica de Castrolandín e encaixe e da exposición de tellas decorativas a cargo de Manuel Viéitez, na Casa da Cultural.

A cita gastronómica inclúe o XI Vespalacón e tamén un desfile do Entroido tradicional de Madamitas e Madamitos do municipio ourensán de Entrimo, ás 13.00 horas. Quince minutos despois, actuará a Banda de Gaitas As Portelas de Lubián (Zamora).

Ás 14.00 horas comezará o xantar, para o que se pode reservar ata o 6 de marzo. The Bichos Jazz Band, o especáculo infantil Bambolina, o grupo A Xaiba, a Banda de Música Xuvenil de Cuntis e a Banda da Escola de Música de Vilaboa animarán a tarde, na que tamén haberá un concerto de A Banda da Loba.

Comentarios