A ITV móbil agrícola pasará por Lalín en marzo e abril

O concelleiro José Cuñarro informou das próximas visitas desta unidade especial no municipio, ao que chegará o día 18 de marzo

A unidade móbil da ITV agrícola. DP
photo_camera A unidade móbil da ITV agrícola. DP
A unidade móbil de ITV agrícola desprazarase por Lalín ao longo do mes de marzo e comezos de abril. Así o indicou onte o concelleiro de Obras e Servizos, José Cuñarro, quen adiantou as localizacións deste servizo, fundamental para os profesionais do sector gandeiro.

A primeira cita da ITV será o 18 de marzo na zona de Anzo, xunto ao centro social. A unidade móbil pasará despois a Sello, onde permanecerá entre os días 19 e 21 e, ata o 1 de abril, na zona de Botos, próxima á estación de tren. O horario será de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas.

Comentarios