jueves. 21.10.2021 |
El tiempo
jueves. 21.10.2021
El tiempo

Javier Blanco: "Temos que deixar de mirar cara atrás, sen fustrigarnos máis, e escoitar á xente; todo parte de aí"

Javier Blanco carballal, nuevo portavoz del PP de Lalín. B. PAZ
Javier Blanco carballal, novo voceiro do PP de Lalín. B. PAZ

Vencellado ó PP dende a maioría de idade, forma parte do grupo de música tradicional A Carballeira de Cercio, baila en Xirandola e acaba de ser nomeado voceiro do seu partido en Lalín, ó que axudará a artellar "un equipo gañador" de cara ás próximas eleccións municipais

SEGUIDOR DO DÉPOR, este luns trataba de esquecer a pena polo descenso á Segunda División con traballo arreo, a pesares de ser víspera de festivo, no seu despacho da Subdirección de Relacións cos GDR. Javier Blanco Carballal, veciño de Cercio de 40 anos, é o novo voceiro do PP de Lalín.

Como afronta este reto?

Con moita ilusión e con moitas ganas, pero ó mesmo tempo tamén moi responsabilizado por ter todo o apoio do PP local, de Pepe [José Crespo], de Román [Rodríguez], do presidente provincial [Alfonso Rueda] e de tódolos compañeiros.

Os tres dirixentes que acaba de mencionar presentárono como una persoa preparada para o posto e advertíanlle de que non o ía ter fácil. Hai que estar feito doutra pasta para soportar a confrontación que se está dando en Lalín?

Non creo que faga falta ter outra pasta, o que hai que ter é ganas. Sabemos que a política tal e como está hoxe, e máis en Lalín, está nun punto no que se extreman moito as posicións e, ás veces, incluso se perden as formas, cousa que eu pretendo non chegar a facer. O que pretendo facer dende a portavocía é unha crítica construtiva das cousas que entendemos que non está facendo ben o actual Goberno e propoñer iniciativas.

Falan de artellar unha alternativa gañadora e de dar paso a persoas novas. Precisan rexenerarse?

Un partido que teña vontade de gobernar, como é o caso do PP de Lalín, ten que contar con todo o mundo. Para ter vida e funcionar, os partidos teñen que refrescarse, achegar caras novas, xente con ilusión e novas ideas e, ó mesmo tempo, non desbotar a quen ofreza experiencia e o coñecemento de anos dentro. Se queremos volver gobernar en Lalín temos que tratar de conxugar un equipo onde se achegue ilusión, manter a experiencia e non desbotar a ninguén.

Estamos nun punto no que se extreman moito as posicións e se perden as formas, cousa á que non pretendo chegar

Rueda non quixo mollarse, pero inténtoo con vostede. Volverá Crespo a ser o candidato á Alcaldía?

Temos que facer as cousas ben e ir pouco a pouco. Na primeira quincena de xuño haberá un congreso local no que trataremos de artellar un equipo gañador. E despois teremos que falar entre todos os membros do PP de Lalín e escoller á persoa que sexa a mellor tanto para Lalín coma para o propio partido. Candidatos pode haber moitos. Pode ser Crespo, pode ser Román, pode ser calquera outro militante.

Podería ser vostede... Vese como alcaldable?

Agora non é o momento de apostar por ningún candidato. Neste intre tocoume darlle a voz ó partido e estamos nese punto. Máis adiante, cando sexa o congreso, aventuraranse outro tipo de cuestións. Non estamos pensando, polo menos hoxe mesmo, nesa posibilidade. Hai que ir pasiño a pasiño.

Cal é esa alternativa do PP?

O que pasou en Lalín nos últimos tres anos non é bo para o pobo. Estamos ante un Goberno cunha xestión nefasta e estanse perdendo moitísimas oportunidades. O que temos que achegar é que sabemos gobernar. Demostramos durante os moitos anos que se estivo no Goberno que Lalín medrou moití- simo. Estabamos tódolos días nos medios por cousas que se facían e non por cousas que se desfacían. Esa é a alternativa que temos que propór: ver qué é o que necesita o pobo e poñer moito as orellas. Temos que facer autocrítica e ver que igual no seu momento non soubemos escoitar o que nos estaba dicindo a cidadanía.

En que fallou o PP para perder a Alcaldía?

É un conxunto de moitas cousas, pero temos que deixar de mirar cara atrás e mirar cara ó futuro, sen fustrigarnos máis. Hai que escoitar á xente, todo parte de aí. É o momento de volver ilusionar. Seguimos sendo o principal partido de Lalín, o que gañou as municipais, e por moita diferenza.

Javier Blanco: "Temos que deixar de mirar cara atrás, sen...
Comentarios
ç