domingo. 05.12.2021 |
El tiempo
domingo. 05.12.2021
El tiempo

Javier Penido: "Quero renovar un pouco o repertorio; a miña idea é traballar e explorar os límites"

O director da Banda de Música de Caldas de Reis, Javier Penido. CEDIDA - Interior
O director da Banda de Música de Caldas de Reis, Javier Penido. CEDIDA
A Banda de Música de Caldas, caracterizada pola xuventude de moitos dos seus integrantes, conta con un director de 28 anos para afrontar unha nova etapa na que dispón das flamantes instalacións construidas polo Concello en Santa María

A Banda de Música de Caldas de Reis inicia unha nova etapa baixo a batuta de Javier Penido, graduado en clarinete e dirección de orquestra.

Tiñas algunha experiencia ou é a primeira vez que colles a batuta?
É a primeira vez que dirixo unha banda, aínda que antes dirixín a Xuvenil de A Bandeira, pero esta experiencia é nova para min.

Tes 28 anos e na de Caldas de Reis hai bastante xente nova, coma ti.
Si, é verdade, moitos estudan no Conservatorio e todos teñen moitas gañas.

Como foi a traxectoria ata esta data?
Fun seleccionado a principios do mes de agosto e estou moi contento porque vexo que hai interese por traballar, e isto fai que o traballo resulte máis doado. O concerto de presentación celebrouse o 16 de outubro, e agora temos outros dous programados para antes de que remate o ano.

Cómo é o horario de ensaios? Porque terá que estar acompasado as circunstancias dos músicos, ben sexa polos estudos ou as ocupacións laborais...
Normalmente, ensaiamos os venres pola noite (de nove a once e media, máis ou menos) e logo os sábados pola mañá, aínda que varía dependendo da semana. Moitos compoñentes da Banda de Música están estudando fóra da localidade porque son universitarios ou porque están cursando algún grado superior, e a xente tamén traballa de luns a venres. Entón, temos que buscar os días e as horas con máis dipoñibilidade.

Ata fai ben pouco, un problema para ensaiar era que non había un local acaído e facíase no pavillón de deportes do colexio. As cousas cambiaron coa apertura do Centro Sociocultural porque hay unha serie de espazos destinados especialmente para esta finalidade.
Estamos xa nas instalacións novas para a Escola de Música, e desde que eu empecei sempre se traballou alí.

É unha sorte poder estrealas.
Temos unha sala grande para os ensaios, que conta con ascensor, e as instalacións, a verdade é que están bastante ben. Estamos contentos de contar cun sitio acondicionado para poder traballar nas mellores condicións.

Unha Banda de Música Municipal de Caldas de Reis con membros mozos e outros maiores e cunha limitación no tempo para prepararse. Ata donde pensas que pode chegar baixo a túa dirección?
Eu non me poño límites porque os límites estarán nos músicos, pero creo que é una banda que pode medrar musicalmente e chegar bastante alto.

Cada director ten o seu método para levar adiante os ensasios e preparar un repertorio. Cal é a proposta de Javier Penido?
Quero renovar un pouco o repertorio, pero sin esquecer o clásico dunha banda, que creo que é bastante extenso. A miña idea é traballar con eles e explorar os límites que poida ter a banda. Se é posíbel, claro.

Hai quen aposta polo corte clásico das bandas de música no seu repertorio e reivindica que siga amenizando os pasarrúas nas festas, mentras que outros apostan máis polos concertos, semellantes o das orquestas clásicas ou seguir outros camiño. Que opinas?
É certo que o público que segue as actuacións é bastante adulto. Creo que é necesario que as bandas populares de Galicia intenten atraer ao público máis mozo facendo actividades que lle chame a atención. Hai moitas cousas agora para poder facer, pero tamén o repertorio máis antigo pode ser perfectamente valorado pola xuventude.

Non son poucos os gaiteiros que se laian porque son usados como recheos nos programas das festas. as orquestras atraen a milleiros de espectadores e ofrecen uns espectáculos moi chamativos. Pensa que as bandas de música contan coa consideración que merecen por parte das comisións de festas e do público en xeral?
Eu penso que son cousas totalmente diferentes. Non considero que as bandas sexan un segundo prato nunha festa. Igual que os grupos de gaitas, as bandas teñen o seu papel, que é diferente ao que teñen as orquestras pola noite, pero non creo que sea inferior. Simplemente é distinto, pero poder agradarlle a todo tipo de público.

Gustaríavos que recoñecesen o voso traballo como acontece coas bandas de música no Levante, por exemplo?
Tampouco creo que exista moitísima diferenza de nivel entre as bandas valencianas, ou doutros lugares, es as de Galicia. En Galicia hainas moi boas, pero igual falla un pouco máis de apoio; non do público, senón das institucións (tanto da Xunta como dos concellos), porque non estamos por debaixo.

Rapaces que comezaron as súas carreira nas bandas forman despois grupos de rock, heavy ou de outros estilos musicais, nas que actúan en paralelo. Que che parece esa evolución? Seguirá habendo canteira?
Si que hai músicos que tocan varios paus. Eu penso que é algo que lle apetece a calquera, o probar diferentes estilos, aínda que sexan radicalmente opostos. Paréceme ben que o fagan. O que non sería bó é que todos fosen para bandas de rock ou orquestras e que se desmantelasen as bandas.

Eres de A Bandeira (Silleda), unha canteira de varias xeracións de músicos.
Se mal non recordo, a banda fundouse no oitenta e xa pasaron catro ou cinco xeracións de músicos por aquí. A verdade é que é un pobo no que se respira este ambiente musical, como tamén pasa noutros desta comarca.

Javier Penido: "Quero renovar un pouco o repertorio; a miña idea é...
Comentarios
ç