martes. 20.04.2021 |
El tiempo
martes. 20.04.2021
El tiempo

José Crespo solicita unha entrevista coa ministra Teresa Ribera

El alcalde de Lalín, José Crespo, y la ministra de Transición Ecológica y el Reto Demográfico, Teresa Ribera. DP
O alcalde de Lalín, José Crespo, e a ministra de Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera. DP
O alcalde quere abordar coa responsable de Transición Ecolóxica o relativo ao parque eólico
O alcalde de Lalín, José Crespo, solicitou este mércores, por vía telemática e por carta, senllas entrevistas coa ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, e co delegado do Goberno en Galicia, José Manuel Miñones, a fin de poder abordar todo o relativo ao parque eólico que se pretendeubicar en terras dezanas con estes dous responsables do goberno do Estado, administración implicada e responsable da tramitación.

Crespo transmitiralles aos dous membros do goberno socialista o rexeitamento do goberno e de boa parte do pobo de Lalín á construción deste parque eólico, as importantes afeccións que terá para unha zona de importante valor paisaxístico, gandeiro e natural, e os erros do proxecto con extrema cercanía a algúns núcleos e vivendas illadas e explotacións e granxas de vacún, de porcino e avícolas.

Na espera desta xuntanza, en caso de producirse, José Crespo e o concelleiro de Obras, José Cuñarro Torres, convocaron para este martes aos veciños das aldeas das parroquias de Sello, Bermés, Méixome e Losón que estarían afectadas pola proximidade do trazado da liña de evacuación de 132KV dos parques eólicos Val do Folgoso e Monte dos Porcallos. Unha xuntanza que dará continuidade ás reunións informativas que xa celebrou a pasada semana o goberno municipal cos veciños de Goiás, Maceira, Albarellos e Castro de Cabras e nos que se informou das afeccións directas das infraestruturas de produción e transformación aos diferentes núcleos.

A xuntanza cos veciños de Fontecabalos, Vilasancho e Barreiro celebrarase no local social de Sello ás 12.00 horas. Cos veciños das aldeas de Lamela, O Vento, Ois Pequeno da parroquia e Bermés e cos veciños de O Castro, na parroquia de Méixome, a reunión celebrarase ás 13.00 horas no Local Social de Bermés. E ás 14.00 horas a xuntanza será cos veciños de Brenzos, San Martiño e Losón no Local Social da parroquia de Losón.

Nestas xuntanza explicarase aos veciños as zonas de paso da liña eléctrica de evacuación de 132KV, as distancias e a proximidade aos núcleos e insistirase no rexeitamento do goberno municipal a este macroproxecto eólico polas múltiples afeccións que presenta, algunhas precisamente do trazado eléctrico de evacuación.

José Crespo solicita unha entrevista coa ministra Teresa Ribera
Comentarios
ç