A Festa da Malla de Doade continúa recuperando as tradicións e xa suma 20 anos. O evento cada vez atrae a máis 'curiosos' e conta con mellor saúde.
Neste aniversario achegouse ata alí o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, que compartiu a seguinte mensaxe: "Desfrutando cos veciños de Lalín na Malla tradicional de Doade. 20 anos recuperando unha actividade esencial da vida dos nosos maiores, coidando as nosas raíces e combinando lecer e cultura. Parabéns á Casa do Patrón e a todos os que facedes posible esta gran festa."
Desfrutando cos veciños de Lalín na Malla tradicional de Doade. 20 anos recuperando unha actividade esencial da vida dos nosos maiores, coidando as nosas raíces e combinando lecer e cultura. Parabéns á Casa do Patrón e a todos os que facedes posible esta gran festa. pic.twitter.com/p1Cjw3S3LD
— Román Rodríguez (@RomanLalin) August 24, 2019