lunes. 14.10.2019 |
El tiempo
lunes. 14.10.2019
El tiempo

Lalín apúntase ao Día Internacional das Persoas con Discapacidade

O Concello organiza unha serie de actos para visibilizar a diversidade

O Concello de Lalín anticipou na mañá deste venres os actos para o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que terá lugar o próximo luns 3 de decembro, cunha solta de globos no hall da casa consistorial.

Na xornada, cativos da vila tamén fixeron unha cadea humana rodeando o consistorio.

Os actos, que continúan pola tarde, están organizados polos colectivos Aspadeza, Aranes, Morea e Working Wheels en colaboración co Concello.

O propio organismo lalinense publicara un vídeo esta mesma semana, promocionado polo alcalde, Rafael Cuíña, na súa conta de Twitter, no que as persoas con discapacidade reivindican a importancia da diversidade.

Lalín apúntase ao Día Internacional das Persoas con Discapacidade
Comentarios