martes. 21.09.2021 |
El tiempo
martes. 21.09.2021
El tiempo

Lalín inaugura o novo curso de verán para concienciar sobre a igualdade

José Crespo, Susana López Abella e Mirena Villa no acto de inauguración no Salón Teatro de Lalín. CEDIDA
José Crespo, Susana López Abella e Mirena Villa no acto de inauguración no Salón Teatro de Lalín. CEDIDA
A Xunta advirte da violencia cibernética, en especial contra mulleres e menores de idade

O Salón Teatro de Lalín acolleu a inauguración do curso de verán XVI novas fronteiras na igualdade de oportunidades 2.0: feminismos-masculinidades-educación sexual-violencias-coeducación que se desenvolverá durante a presente semana. Neste acto participaron a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, o alcalde de Lalín, José Crespo, e a profesora da Universidad de Santiago de Compostela (USC), Mirena Villa.

A representante da administración autonómica anunciou que a Consellería de Emprego e Igualdade reforzará a información acerca dos riscos no uso de medios tecnolóxicos cara a evitar a violencia cibernética. Incidirá nos colectivos máis vulnerables a este tipo de situacións, como os menores de idade e as mulleres.

Segundo un informe sobre o impacto de xénero do covid-19 e medidas a adoptar para paliar e corrixir as desigualdades entre mulleres e homes elaborado pola Xunta, durante a pandemia as mulleres, a adolescencia e a nenez, viron incrementados os riscos de sufrir violencia cibernética (sexting, grooming, ciberacoso...) debido a maior utilización de medios virtuais como alternativa ante as restricións de movemento.

Crespo di que "é motivo de orgullo que durante unha semana haxa un punto para debater cuestións de igualdade en Lalín"

"Unha adecuada atención das vítimas require que estas mulleres coñezan de primeira man os recursos cos que contan para poder romper co círculo da violencia que as mantén unidas ao agresor, máis aínda ante situacións extraordinarias como as vividas e orixinadas pola covid-19", incidiu Susana López Abella. A Xunta mantén un compromiso "necesario de reforzar a promoción de mecanismos de difusión e acceso a información aos recursos dispoñibles para as vítimas de violencia de xénero", engadiu. Abella valorou positivamente que Galicia teña iniciado a modificación da Lei galega para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero, para incluír esta nova modalidade de violencia.

O alcalde de Lalín deu "a benvida aos asistentes a este curso que é xa un clásico na programación estival do concello". "Trátase dun programa moi completo que vos vai dar a oportunidade, se cabe, de afondar moito máis aínda no que fixestes ata o de agora en materia de igualdade; ao longo destes cinco días tedes materia para debullar a través de temáticas que son tremendamente interesantes dentro da igualdade", afirmou.

"Queda camiño por percorrer e o feito de que durante unha semana haxa un punto para debater cuestións de igualdade en Lalín é para nós motivo de orgullo", sinalou Crespo.

Lalín inaugura o novo curso de verán para concienciar sobre a...
Comentarios
ç