viernes. 04.12.2020 |
El tiempo
viernes. 04.12.2020
El tiempo

Lalín recrea a matanza tradicional do porco

<p>Bo ambiente malia a chuvia na Festa da Matanza Tradicional do Porco, que se celebra este domingo na parroquia lalinense de Moneixas dentro da programaci&oacute;n do Mes do Cocido. V&Iacute;DEO: Patri Figueiras</p>

Bo ambiente malia a chuvia na parroquia de Moneixas durante este festexo incluido dentro da programación do Mes do Cocido

Bo ambiente malia a chuvia na Festa da Matanza Tradicional do Porco, que se celebra este domingo na parroquia lalinense de Moneixas dentro da programación do Mes do Cocido.

Este festexo busca potenciar as tradicións populares e polas en valor a través da recreación do proceso de matanza do porco. Esta matanza tradicional é un dos primeiros actos que se realizan en Lalín con motivo do Mes do Cocido, que atrae a miles de visitantes a este municipio pontevedrés. 

Así, os veciños da parroquia escenifican, ataviados con vestimentas propias de comezos do século XX, as diferentes tarefas deste proceso, desde o baleirado de vísceras até a salgadura e a preparación dos chourizos. O porco chegou sacrificado á festa e respectáronse todos os procedementos vixentes de acordo ao benestar animal. 
 

Lalín recrea a matanza tradicional do porco
Comentarios