Lalín restrinxe aínda máis os aforos das actividades de Nadal pola evolución dos datos epidemiolóxicos

As Aldeas de Nadal, malia que é unha actividade ao aire libre, terán unha porcentaxe de ocupación por debaixo do que establece a norma para evitar aglomeracións. Reforzarase a vixilancia con Protección Civil, Policía Local e Emerxencias
Imaxe das Aldeas de Nadal do Concello de Lalín. PATRI FIGUEIRAS
photo_camera Imaxe das Aldeas de Nadal do Concello de Lalín. PATRI FIGUEIRAS

Imaxe das Aldeas de Nadal do Concello de Lalín. PATRI FIGUEIRASA Comisión Municipal da Covid-19 acordou restrinxir aínda máis os aforos das actividades da programación de Nadal, en vista á evolución dos últimos datos epidemiolóxicos. Preocupa a incidencia que no municipio lalinense poidan ter outros concellos limítrofes como poden ser Rodeiro ou Agolada, que fan moita vida con Lalín.

Diante desta situación os integrantes da Comisión consideran que para evitar un repunte que puidese levar a que a Xunta decretase de novo o peche da hostalería trátase de que cada persoa, desde o lugar que lle toque, faga un esforzo adicional respecto do cumprimento estrito das medidas sanitarias e tamén en relación á concienciación de que este ten que ser un Nadal diferente porque non queda outra para frear contaxios, tendo en conta a especial condición de que en Lalín ás datas navideñas lles segue o Cocido.

Imaxe das Aldeas de Nadal do Concello de Lalín. PATRI FIGUEIRASRespecto ás Aldeas de Nadal postas en marcha a pasada fin de semana, malia que é unha actividade ao aire libre, co que iso significa en canto a menor risco de contaxio, ao que se lle suma o uso obrigatorio de mascarilla, por parte da Comisión e tamén do goberno tomouse a decisión de ser máis estritos en canto a aforos. Así, partindo da aplicación da normativa dos parques (tres m2 por persoa) e tendo en conta que non é unha actividade na que os asistentes permanezan sentados en cadeiras coa súa correspondente distancia de seguridade, o acordo ao que chegaron Comisión e goberno foi o de ser máis estritos e reducir aínda máis eses aforos, fixando así porcentaxes de ocupación por debaixo do que establece a norma, ao considerar que se fan necesarias para evitar aglomeracións.

Deste xeito, na Aldea da Praza da Torre o aforo queda establecido en 10 persoas (contan os nenos/as e os seus pais/nais); 10 tamén para a Aldea da Praza da Vila e 45 persoas para a Aldea da Praza da Igrexa. A maiores do aforo, por Aldea tamén se establece unha limitación de capacidade por cada casiña instalada: máximo de dous nenos/as por caseta cando sexan non convivintes e de só un neno/a cando sexa menor de seis anos e non use mascarilla.

Pídese aos pais precaución e máximo respecto ás normas para contribuír ao axeitado cumprimento dos protocolos. Tamén se reforzará a vixilancia nas Aldeas de Nadal con Protección Civil, Agrupación de Voluntariado de Protección Civil, Emerxencias Lalín e Policía Local.

Imaxe das Aldeas de Nadal do Concello de Lalín. PATRI FIGUEIRAS

Comentarios