O lalinense Diego López elabora o menú degustación da recepción galega dun festival de Glasgow

Galicia é o territorio convidado este ano no festival Celtic Connections

Diego López, con Román Rodríguez. DP
photo_camera Diego López, con Román Rodríguez. DP

O cociñeiro lalinense Diego López, do restaurante La Molinera, trasladouse ata Glasgow para encargarse do menú degustación para a recepción galega do Celtic Connections.

Galicia é o territorio convidado este ano no festival Celtic Connections de Glasgow, unha das maiores celebracións de música celta e o festival de música de inverno meirande do seu tipo.

A cita servirá para promocionar a comunidade como destino turístico.

A Consellería de Cultura e Turismo organizou, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e baixo a marca Galician Tunes On Tour, unha delegación institucional, profesional e artística co obxectivo de apoiar a proxección exterior da nosa música e de promover Galicia como destino turístico.

Comentarios