Gustavo Pousa e o seu fillo Rodrigo, os loteiros que trouxeron a sorte a Silleda cun premio total de 900.000 euros no Sorteo Nacional de Lotería do xoves, afirmaron este venres que algúns dos afortunados xa se pasaron pola administración. "Amosáronse contentos polo premio despois de tanto tempo xogando", especifica Gustavo.
O primeiro premio do día recaeu no número 13.937 e foi vendido, ademáis de na administración número 1 de Silleda –situada en la calle Progreso–, en Bilbao e Cartaxena.
En concreto cada un dos 30 afortunados percibirá 26.000 euros, unha vez aplicada a reducción de Facenda. "Tampouco é unha cantidade para decir deixo todo, pero axuda", sinala o loteiro.
O propio Gustavo tamén declarou que os premiados son todos veciños de Silleda, traballadores e algunha persoa xubilada