Máis de 40 artistas mostran a súa arte en recordo ao escultor Paco Pestana

► O Museo Municipal Ramón María Aller Ulloa acolleu o sábado a inauguración da XI edición de EmporcARTE, que exhibe esculturas, fotografías e pinturas que teñen como temática o cocido
Deceas de persoas, artistas e autoridades participaron onte na inauguración da XI EmporcARTE. DP
photo_camera Deceas de persoas, artistas e autoridades participaron onte na inauguración da XI EmporcARTE. DP

Deceas de persoas participaron o sábado de Entroido, na inauguración da XI EmporcARTE, en recordo a Paco Pestana, no Museo Manuel María Aller Ulloa de Lalín. Nesta mostra, que forma parte da programación da LV Feira do Cocido, participan 43 artistas chegados de distintos puntos da xeografía galega, española e incluso unha de procedencia chinesa que achegan obras escultóricas, fotográficas e pictóricas que teñen como temática o cocido.

No acto participaron o alcalde de Lalín, José Crespo; o presidente do Parlamento, Miguel Santalices; o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez; a concelleira de Cultura, Begoña Blanco, e membros da Corporación ademais dun amplo elenco artístico.

A mostra poderase ver na planta primeira do Museo ata o vindeiro 16 de marzo e coexiste coa exposición 'Inside', de Quintana Martelo, visitable na planta baixa do Museo ata o 14 de abril.

Os artistas participantes nesta exposición son Alexandro, Ana Dobarro, Aitana Iglesias, Acisclo Manzano, Adrián Penido, Ángel Utrera, Alfonso Santomé, Cristina Castro, Carlos Santos, Carmen Senande, Camilo Seira, Pestana &Paio, Diego de Giráldez, Ehlaba, Eduardo Valladares, Fátima Busto, Gloria Alonso, Juan Liñares, Isabel Alonso, Javier Hita, Jesús Otero-Yglesias, José Antonio Santomé, José Luis Abeledo (Bibí), Marisa Miguélez, María e Julia Ferradás, María Gandaseri, María Arandajegui, Mercedes Paz, Nicolás González Aller, Noelia "A Ferreira", Luis Ferreiro "O Vila", Olalla Garra, Pablo R. Vence, Ruth Lodeiro, Roxel, Sé Senande, Shu Lóng Xue Bào, Soledad Penalta, Xabier Magalhaes, Xosé Poldrás, Tareixa Taboada, Toño Lorenzo e Tito Rodríguez Tras a inauguración da EmporcARTE, tuvo lugar a tradicional "Ofrenda ao porco" e posteriormente os artistas compartiron o XXIII Cocido das Artes no restaurante 'Pontiñas'.

Comentarios