jueves. 24.06.2021 |
El tiempo
jueves. 24.06.2021
El tiempo

Las manadas de jabalíes provocaron destrozos en 255 terrenos de cultivo en el Deza

Cultivo danado polos xabaríns. ADP
Cultivo danado polos xabaríns. ADP
Unións Agrarias pide á Consellería de Agricultura que axilice a tramitación dos permisos para as batidas e recorda que no ano 2020 foron denunciado 225 na comarca, 40 deles en Silleda

A organización profesional Unións Agrarias advirte de que está a recibir queixas de afiliados da zona do Deza que denuncian o comezo dos danos nas fincas de millo, unha vez que comezou a campaña de sementeira.

En concreto hai danos recorrentes denunciados nas parroquias de Cervaña, Piñeiro e Lamela, en Silleda. "Resulta salientable que no ano 2019 se denunciaron na comarca 255 ataques do xabaríns en terreos en produción, 40 dos ataques en Silleda", subliña.

Aínda que ata o 21 de agosto non abre a temporada ordinaria de caza do xabaril, a lexislación galega de caza ten previstas as intervencións extraordinarias para protexer os cultivos dos danos das mandas de xabarís.

Estas intervencións, cando se refiren a batidas, teñen que ser solicitadas polos Tecor e Sociedades de Caza, e autorizadas pola delegación provincial de Medio Ambiente, neste caso de Pontevedra, o que precisa de axilidade para interromper a continuidade dos danos nas parcelas afectadas, argumenta Unións Agrarias.

Non obstante, recorda que existen queixas de produtores pola falta de dilixencia da delegación da Consellería de Medio Ambiente para dar resposta as solicitudes pendentes, mentres os danos se acumulan, a pesares de que a orde de vedas di que as "autorizacións de caza por danos realizarase de xeito inmediato".

O cultivo do millo é moi vulnerable tanto agora, durante os meses de maio e xuño na sementeira, onde as mandas de xabaril entran a alimentarse do grao recentemente sementado, como a partires de mediados de agosto, cando se empeza a formar a espiga.

Na sementeira, as explotacións afectadas teñen que volver a sementar as parcelas, normalmente varias veces se non hai intervencións de caza para dispersar os animais, facendo en moitos casos impracticable a posta en produción das parcelas.

No caso do Deza se superan as 5.000 hectáreas de millo cada ano, ás que hai que sumar alomenos outras 21.000 dedicadas ao cultivo de forraxe, que tamén son vulnerables aos ataques do xabarín.

"A Administración ten que facer un esforzo para estar á altura das circunstancias, aplicando interese e dilixencia en resolver os problemas de agricultores e gandeiros, non sendo socialmente aceptables actitudes de aplicación tibia da normativa", manten está organización profesional.

Las manadas de jabalíes provocaron destrozos en 255 terrenos de...
Comentarios
ç