Moraña destinará 550.000 euros a dous novos proxectos

O Concello botará man dos fondos +Provincia para mellorar o campo de fútbol de Mirallos e contruir un aparcadoiro en Santa Lucía
A explanada na que se ubicará o futuro aparcadoiro. DP
photo_camera A explanada na que se ubicará o futuro aparcadoiro. DP

O Concello de Moraña vén de presentar dous novos proxectos: a construcción dun aparcadoiro público no casco urbano de Santa Lucía e o remate do campo de fútbol de Mirallos. Ambas actuacións, nas que se investirá un total de 550.000 euros, serán financiadas ao abeiro dos fondos +Provincia da Deputación.

O proxecto máis ambicioso será o do campo de fútbol, ao que se destinarán 390.000 euros. A actuación incluirá a dotación dunha capa drenante, a preparación do terreo de xogo de céspede natural, a instalación dun sistema de rego con aspersores emerxentes, a colocación de catro grandes torres de iluminación e a construción dun novo peche perimetral.

O aparcadoiro, pola súa parte, contará con 43 prazas, dúas delas adaptadas. Ubicarase na explanada que acolle o mercadiño quincenal. Acometeranse beirarrúas e instalarase sinalización, alumeado público e rede de pluviais. Todo isto completarase co acondicionamento dunha zona verde.

O alcalde, Sito Gómez, calificou estes dous investimentos de "estratéxicos" e "imprescindibles".

Comentarios