Moraña presenta o seu Belén Artesanal de 120 m²

Trátase dun espazo repartido en dúas salas que alberga o edificio Multiusos da antiga praza de abastos
Un dos espazos do Belén Artesanal de Moraña. FRAN AMEIXEIRAS
photo_camera Un dos espazos do Belén Artesanal de Moraña. FRAN AMEIXEIRAS

A Asociación de Mulleres Rurais presentaou a súa V edición do Belén Artesanal de Moraña, que este ano contará con 120 metros cadrados repartidos en dúas salas que alberga o edificio Multiusos da antiga praza de abastos.

Dende o seu inicio, as temáticas sempre foron distintas, ainda que baixo o nome fixo "Moraña ten Belén".

No primeiro ano sorprenderon ao público cun Belén de 40 metros cadrados realizado en mes e medio, partindo de cero. "Foi todo un reto para nós sobre todo porque non tiñamos coñecementos nin experiencia sobre esta materia. Xa nos seguintes anos viñeron proxectos adicados a tradicións, oficios, o primeiro casco urbano de Moraña, etc".

De ahí que cada ano levara un título distinto en función da novidade dese ano. Este ano o Belén representa un conxunto e unha suma de 5 anos "de traballo e esforzo, o noso mellor proxecto sin dúbida, onde pretendemos que o visitante cando entre nas salas faga un paseo polo rural galego", explicaron dende a Asociación de Mulleres Rurais do municipio.

Comentarios