lunes. 18.11.2019 |
El tiempo
lunes. 18.11.2019
El tiempo

A mostra 'Mulleres galegas na historia' chegará á Casa de Cultura de Silleda

Emilia Pardo Bazán. ARCHIVO
Emilia Pardo Bazán. ARCHIVO
A exposición reivindicará o papel de 17 mulleres invisibilizadas e silenciadas,

A mostra Mulleres galegas na historia chegará á Casa da Cultura de Silleda este martes, 15 de outubro, cun acto de apertura ás 12.00 horas. A exposición, que reivindicará o papel de 17 mulleres invisibilizadas e silenciadas, trátase dun evento itinerante que chega a Silleda tras o seu paso por Moaña, Valga, Cuntis, Ponteareas, Tomiño, Baiona, Portas, Vilagarcía e Meis. 

Deste xeito, a mostra, que se poderá visitar ata o 31 de outubro, desprazarase ó Grove neste último trimestre de ano. O horario de visita será de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 20.00 horas. 

En liñas xerais, Mulleres galegas na historia presenta dez paneis que amosan as biografías e imaxes de dezasete mulleres fundamentais na historia de Galicia en diferentes eidos como a cultura, arte ou política. Deste xeito, a través da mostra preténdese poñer en valor ás mulleres invisibilizadas polo patriarcado que dedicaron a súa vida para o impulso cultural e o progreso social de Galicia. 

NOMES PROTAGONISTAS. Máis polo miúdo, na mostra cobrarán protagonismo a soldadeira María Balteira; a nobre Inés de Castro; a líder rebelde María Castaña; as heroínas María Pita e María Soliña; as escritoras, xornalistas e activistas feministas Concepción Arenal e Emilia Pardo Bazán; a escritora Filomena Dato; a bailarina Bella Otero; a mestra e pedagoga Ernestina Otero; a feminista e activista comunista Enriqueta Otero; as pintoras Maruja Mallo, María Antonia Dans e Julia Minguillón; a actriz de cine e teatro María Casares; a escritora e tradutora Xela Arias e a poetista e escritora Rosalía de Castro, tal e como sinala a máxima institución provincial. 

A organización confía en que a mostra sexa un éxito.

A mostra 'Mulleres galegas na historia' chegará á Casa de Cultura...
Comentarios