O Museo do Campo comeza a montaxe para abrir no último trimestre do ano

Ocupa uns 5.300 metros cadrados no recinto feiral da Semana Verde de Silleda e será de pago

blanca paz

 

SILLEDA. Unha colección de maquetas das 26 tipoloxías de hórreos que existen en Galicia, unha mostra con 16 tractores ou recreacións dunha cova do paleolítico e dun castro son parte das pezas que comezaron a instalarse no Museo do Campo e da Automoción Agrícola de Galicia, que abrirá as súas portas «en el último trimestre de este año» no recinto feiral da Semana Verde, en Silleda, segundo avanzou onte o presidente da Fundación do Campo Galego, Ángel Jove, que acompañou ó vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, nunha visita ás instalacións.

 

O museo estase asentando no edificio do Auditorio, nun espazo duns 5.300 metros cadrados cedidos pola Fundación Semana Verde, dos cales arredor de 3.000 son superficie expositiva. Trátase dun «espacio ocio-cultural formativo», explica Jove, que ten como «última finalidad la formación y la mentalización de que el campo gallego es un motor de generación de riqueza y una alternativa laboral». A entrada ó museo custará «seis ou cinco euros» e haberá tarifas reducidas para escolares e visitas guiadas, previamente concertadas. «El museo se concibe como un espacio para la generación de actividades» que a Fundación celebrará por toda Galicia. Para dotarse de persoal experto que se ocupe delo, prevé asinar convenios con distintas universidades.

 

«Alégrome un montón, como responsable último destas instalacións, que se viñese asentar aquí, nun recinto que naceu con esa vocación. As raíces del teñen que ver co campo en Galicia», apuntou Rueda, quen engadíu que o nacemento desta iniciativa é «o complemento perfecto» ó recinto.

Comentarios