viernes. 30.07.2021 |
El tiempo
viernes. 30.07.2021
El tiempo

A música pon o foco internacional sobre Lalín

Unha das actuacions do Xacobeo Clarinet Fest 2021. DP
Unha das actuacións do Xacobeo Clarinet Fest 2021. DP
O Xacobeo Clarinet Fest desenvólvese toda a semana con máis de 20 concertos e a presenza de 87 alumnos de diferentes países europeos

Máis de vinte concertos e a presenza de grandes músicos e 87 alumnos de diferentes países europeos fan a Lalín o referente internacional da música durante oito días. O Xacobeo Clarinet Fest 2021, unha aposta da Xunta de Galicia e o Concello de Lalín votou a andar este fin de semana e ofrecerá aos veciños e visitantes grandes momentos musicais en varios puntos da vila dezana. O Festival e Academia Internacional de Clarinete de Galicia 2021 está dirixido por David Fiúza e Xocas Meijide e inclúe, ademais dos concertos, exposicións, conferencias e clases maxistrais.

Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, visitou Lalín na xornada inaugural e estivo pendente dos ensaios previos aos primeiros concertos. O representante da Xunta de Galicia destacou a importancia deste encontro "na posta en valor da música instrumental en particular e da cultura en xeral nun momento no que se está recuperando a actividade neste sector". O conselleiro fixo un chamamento a gozar deste evento respectando ao máximo as medidas de seguridade. Así mesmo, felicitou aos directores deste festival "por escoller a comarca do Deza, que se caracteriza polo forte arraigo de tradición musical".

A xornada deste domingo tivo o seu inicio coa presentación de Gleichweit no Auditorio. Pasado o mediodía o Casino foi o escenario dos recitais dos xoves solistas Carla Gómez con Alberto Sánchez e Alicia González con Pablo Rodríguez. A mesma hora o Salón Teatro acolleu a presentación da marca Selmer. Xa pola tarde no Concello, o Emsamble Vidal Payo, con músicos da Banda de Lalín, estivo dirixido por David Fiuza e puxo a previa ao espectáculo estrela do día, o concerto que a Banda de Música Municipal de Silleda realizou na Praza de Galicia xa chegando ao anoitecer, con Josep Fuster, Lara Díaz e Xocas Mejide, baixo a dirección de Rafa Agulló Albors.

Entre as peculiaridades deste evento están o profesor Clarineto, marioneta producida por Viravolta a modo de mascota do festival, e o mono Salterio. O primeiro personaxe é o encargado de aparecer nas presentacións dos concertos diarios. O contador Celsiño Fernández Sanmartín entremediará na programación dos espectáculos coa súa narración entre público e músicos, facendo así a propia palabra cómplice da atención e respecto cara á música en directo.

Estamos ante un encontro musical, apuntan dende o Concello, "onde se dan cita os máximos expoñentes a nivel mundial das súas especialidades. Tamén constitue un innovador intercambio pedagóxico e unha plataforma de promoción cultural da nosa música e das nosas raíces polo mundo. Actuará tamén como unha magnífica ferramenta de difusión turística no dobre ano Santo Xacobeo, xa que se dan cita profesionais de diferentes nacionalidades".

A música pon o foco internacional sobre Lalín
Comentarios
ç