Caldas/Deza

Os nenos da Estrada 'póñense as pilas' co seu bocata

Este martes recalou no colexio do Foxo, na Estrada, a iniciativa 'Ponlle as pilas ao teu bocata', dentro do programa 'Aliméntate ben'. Houbo unha charla previa sobre as especies mariñas que se empregan para facer conservas e logo unha degustación. Trátase de fomentar a alimentación saudable entre os cativos. A iniciativa realízase en colaboración coa Consellería do Mar. VÍDEO: Patricia Figueiras

Comentarios